Inicio Galicia A Xunta traslada na Cidade de Cultura o seu compromiso co desenvolvemento...

A Xunta traslada na Cidade de Cultura o seu compromiso co desenvolvemento da economía social

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu á inauguración dunha xornada sobre liderado grupal na que subliñou o esforzo da Administración galega para fomentar a economía social en todos os eidos, tamén o educativo

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou esta mañá na Cidade da Cultura a xornada Liderado grupal: Estratexias para equipos de traballo de centros educativos e onde tamén se presentou Escolas sostibles. Durante a súa intervención, trasladou a aposta que a Xunta está a realizar por impulsar a economía social desde todos os eidos, tamén o educativo.

A secretaria xeral lembrou que o pasado ano se puso en marcha a primeira Estratexia de Economía Social de Galicia que impulsará 25 medidas ata 2021 para xerar 3000 novos empregos e crear 300 novas entidades baixo tres retos: sumar capacidades, sustentabilidade e identidade.

Tamén adiantou que o vindeiro mes de xuño se levarán a cabo diferentes actos para promover o cooperativismo na Comunidade que culminarán o 6 de xullo coa celebración do Día do Cooperativismo Galego no que se recoñecerá a estas entidades o seu papel priorizando o desenvolvemento humano e a xustiza social no centro de traballo

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre