Inicio Galicia A Xunta traslada ás entidades de inclusión social que a tarxeta moedeiro...

A Xunta traslada ás entidades de inclusión social que a tarxeta moedeiro para necesidades básicas poderá comezar a solicitarse neste mes de xuño

0

Detállalles tamén o proceso para solicitar catro programas de axudas destinados a garantir o acceso e mantemento da vivenda en réxime de alugueiro a arredor de 8.000 familias, cun investimento total de 20 millóns de euros

A Xunta de Galicia trasladou hoxe nunha xuntanza coas entidades de inclusión social de Galicia o mecanismo de tramitación da tarxeta moedeiro para atender ás necesidades básicas das familias logo da emerxencia sanitaria da covid-19 como son a compra de alimentos e produtos de hixiene ou de farmacia. Esta iniciativa chegará a preto de 30.000 fogares e atópase dentro do Plan de recuperación social de Galicia.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, conversaron coas entidades de inclusión social sobre a necesidade de adaptar as axudas sociais ás necesidades ocasionadas nos fogares galegos logo da pandemia. Así mesmo, remarcaron que as respostas a estas familias deben ser o máis reais e inmediatas posibles e atender ás persoas máis vulnerables. Fabiola García asegurou que logo de que Galicia acadara onte a nova normalidade chega o momento de poñer en marcha medidas que lle aporten o impulso que necesitan as familias nestes momentos. Solicitou o apoio das entidades sociais para que cheguen aos seus destinatarios medidas como a tarxeta moedeiro, os menús solidarios para que persoas con baixos recursos poidan comer en establecementos hoteleiro ou a ampliación de servizos xa existentes como son o Xantar na casa, que leva aos fogares onde viven persoas vulnerables menús sans e equilibrados para todos os días da semana.

Axudas para pagar o alugueiroA conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou os detalles dos catro programas cos que axudar a pagar o alugueiro e evitar a perda dos fogares, como son as axudas ao alugueiro para persoas en situación de vulnerabilidade pola covid-19, as axudas ao alugamento, o Bono de Alugueiro Social e o Bono de Alugueiro Social para vítimas de violencia de xénero.“Catro programas de axudas e incentivos que permitirán mobilizar en 2020 un orzamento de preto de 20 millóns de euros a axudas de vivenda e programas relacionados coa vivenda en alugueiro, cos que se podería axudar a arredor de 8.000 beneficiarios”, resumiu a conselleira de Medio Ambiente. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre