Inicio Galicia A Xunta traslada a Renfe a súa oposición frontal ao peche da...

A Xunta traslada a Renfe a súa oposición frontal ao peche da venta presencial de billetes nas estacións de ferrocarril da comunidade autónoma

0

Demanda o mantemento desta prestación co fin de garantir e preservar a calidade dos servicios a todos os cidadáns

A Xunta vén de trasladarlle a Renfe a súa oposición frontal ao peche da venta presencial de billetes nas estacións de ferrocarril da comunidade autónoma.

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, remitiulle hoxe unha carta ao representante institucional de Renfe en Galicia, Javier Pérez, na que lle expresa a posición da Xunta ao o peche comunicado pola operadora para o vindeiro día 31 de decembro deste servizo nas estacións de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela.

O Goberno galego demanda así o mantemento deste servizo nas estacións de ferrocarril co fin de garantir e preservar en igualdade de condicións a calidade dos servizos a todos os cidadáns.

A Xunta mantén como asunto prioritario a defensa dos servizos ferroviarios que se prestan en Galicia, e neste sentido considera que eliminar esa atención presencial aos viaxeiros destas localidades supón ir contra os principios de mantemento de servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural, que deben primar sobre os meros obxectivos económicos.

Na misiva o director xeral de Mobilidade expresa a súa confianza en que o operador ferroviario se replantee este decisión e valore o mantemento da atención presencial aos viaxeiros destas estacións, como xa se fixo fai dous anos, cando se atendeu as xestións realizadas polo Goberno galego e abandonou o plan de peche destes servizos nas estacións de Sarria, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Redondela e Guillarei.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre