Inicio Galicia A Xunta traslada a Orpal a intención de mediar ante Madrid para...

A Xunta traslada a Orpal a intención de mediar ante Madrid para a solicitude de medidas compensatorias polos problemas fronteirizos entre Mauritania e Marrocos

0

A conselleira do Mar explicou aos membros de Orpal esta intención ao abeiro dos resultados dun informe solicitado pola Xunta ao catedrático de dereito internacional público, José Manuel Sobrino Heredia


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, volveuse reunir esta mañá con representantes da asociación Orpal, que agrupa a buques palangreiros de Ribeira e Marín, para trasladarlle os resultados do informe encargado pola Xunta ao catedrático de dereito internacional público, José Manuel Sobrino Heredia, trala reunión mantida a semana pasada en relación coa situación de dificultade que atravesan os camións que transportan o peixe das frotas dos socios da entidade no espazo entre as fronteiras de Mauritania e Marrocos.

Entre as consideracións realizadas no informe que analiza as dificultades de tránsito pola fronteira entre Marrocos e Mauritania e os prexuízos que conleva para o sector pesqueiro español, este recolle a necesidade de insistir na vía da negociación diplomática entre a Unión Europea e Mauritania como mellor solución para resolver o conflito.

Ao mesmo tempo, o informe contempla que pode resultar viable como opción pola situación xerada, a xestión de compensacións económicas aos afectados ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo da Pesca a través de xestións con Bruxelas que deben ser canalizadas polo Goberno central. Nesta liña, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou aos asistentes á reunión que Galicia mediará ante Madrid para que o Goberno do Estado se sume a esta petición.

Unha xestión que se viría a engadir ás iniciadas fai xa máis de cinco meses cando se lle deu traslado a través dunha misiva á Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da preocupación en relación a esta cuestión e na que se solicitaba xa daquela a mediación entre Marrocos e Mauritania e se demandaba á Comisión Europea o establecemento de medidas transitorias e excepcionais como a validación da realización de descargas de peixe no porto de Dakhla por parte dos buques afectados. Demanda que foi tamén trasladada no mes de febreiro pola conselleira do Mar ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Joao Aguiar, nunha xuntanza mantida en Bruxelas e reiterada por carta recentemente en dúas novas ocasións á Secretaría Xeral de Pesca.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre