Inicio Galicia A Xunta traslada á Fundación Érguete-Integración o valor da formación de calidade...

A Xunta traslada á Fundación Érguete-Integración o valor da formación de calidade como garantía de inserción laboral no novo escenario económico

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático con responsables do programa formativo da asociación dedicada a facilitar o acceso a melloras sociais e laborais dos colectivos en risco de exclusión social


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá un encontro telemático con responsables do programa formativo da Fundación Érguete-Integración, dedicado a facilitar o acceso a melloras sociais e laborais para colectivos en risco de exclusión social.

Durante a reunión, Casal subliñou o valor dunha formación especializada que mellore as competencias profesionais e favoreza a inserción laboral, fortalecendo á súa vez o tecido empresarial no novo escenario económico tralo impacto da pandemia do coronavirus. O director incidiu, así mesmo, na importancia de flexibilizar as condicións de contratación, diversificando os perfís profesionais para blindar a empregabilidade e mellorar o acceso ás novas dinámicas laborais poscovid-19.

Do mesmo xeito, o director quixo manifestar o compromiso da Xunta para a finalización plena do curso, ampliando os prazos lectivos equivalentes ao período de suspensión motivado pola pandemia, e subliñando a vontade de deseñar unha planificación que permita o reinicio da actividade presencial do programa, que se mantivo activo en liña durante o estado de alarma.

O programa formativo da Fundación Érguete-Integración, que se imparte na cidade de Vigo, conta coa participación de 105 usuarios, que reciben aprendizaxe en comunicación en linguas estranxeiras (maioritariamente o inglés), así como competencias en lingua galega en nivel intermedio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre