Inicio Galicia A Xunta traslada á fundación equipo humano o papel central da formación...

A Xunta traslada á fundación equipo humano o papel central da formación como dinamizadora de emprego de calidade no novo horizonte económico

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá por videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da entidade, dedicada a incentivar a mellora da empregabilidade e a capacitación dos colectivos máis vulnerables

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá por videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Fundación Equipo Humano da Coruña, unha entidade dedicada a incentivar a mellora da empregabilidade e a capacitación dos colectivos máis vulnerables.

Durante a reunión, o director sinalou o papel central que xogará a formación no novo horizonte económico poscovid-19, dinamizando a empregabilidade e reforzando o tecido empresarial, en especial pemes e autónomos. Deste modo, salientou Casal, apostar pola educación especializada facilitará a inserción profesional ao responder efectivamente ás principais demandas dos novos mercados laborais.

Ademais, o responsable de Orientación e Promoción Laboral puxo de manifesto a vontade da Xunta de reactivar as sesións presenciais do PIE, suspendidas durante a pandemia, e cuxo contido se adaptou a un formato en liña. Casal destacou que a a Administración está a traballar nunha planificación que prorrogue as clases físicas correspondentes ao período lectivo aprazado, nas que se garantan as condicións sanitarias axeitadas para levarse a cabo.

O programa formativo da Fundación Equipo Humano conta coa participación de 100 usuarios, principalmente menores de 30 anos desempregados con baixa cualificación. Os alumnos reciben un programa baseado na atención individualizada destinado á mellora da empregabilidade, recibindo formación en competencias como as actividades de venda ou a docencia. Ademais, contan con módulos transversais en aprendizaxe dixital (novas tecnoloxías, venda online, etc.) e idiomas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre