Inicio Galicia A Xunta traslada á Federación Galega de Montañismo o seu compromiso coa...

A Xunta traslada á Federación Galega de Montañismo o seu compromiso coa construción do rocódromo no Pazo de Feiras de Lugo

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, manifestaron o seu apoio a esta infraestrutura da que se podería beneficiar tanto a actividade deportiva federada como o deporte de base


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantiveron hoxe un encontro con representantes da Federación Galega de Montañismo no que lles trasladaron o compromiso da Administración autonómica coa construción dun rocódromo no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Tal e como se puxo de manifesto na reunión, esta infraestrutura permitirá incrementar a oferta dos equipamentos deportivos da cidade, beneficiando tanto a actividade federada como o deporte base, e contribuíndo tamén á promoción de prácticas saudables entre a sociedade.

Por estes importantes beneficios sociais, a Xunta promoverá a aprobación da construción do rocódromo no Padroado do pazo de feiras, que preside a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así llo trasladaron os representantes da Administración autonómica á Federación Galega de Montañismo na xuntanza celebrada este mediodía, salientando ademais que a Xunta está disposta a achegar máis do 40% do custo da actuación. 

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

- Te recomendamos -