Inicio Galicia A Xunta traslada a Feafes Galicia a importancia da formación especializada para...

A Xunta traslada a Feafes Galicia a importancia da formación especializada para facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia)


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuníuse esta mañá mediante videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia).

No encontro, Casal salientou a necesidade de apostar por unha formación e unha educación de calidade e especializada que faciliten a inserción laboral das persoas con discapacidade no novo horizonte socioeconómico. O director avogou por responder coa máxima eficiencia ás demandas de perfís e competencias por parte das empresas.

Do mesmo xeito, o director manifestou a vontade da Xunta de facilitar a finalización práctica do programa, recuperando as sesións presenciais que permaneceran en suspenso por mor do estado de alarma, e que se adaptaron a unha fórmula virtual para evitar a cancelación das clases. Para isto, Casal afirmou que se está a traballar nunha planificación que prorrogue os prazos lectivos correspondentes cos adiados durante o confinamento.

O programa formativo de Feafes Galicia conta coa participación de 100 usuarios en situación de desemprego pertencentes a diversos colectivos, incluíndo persoas con discapacidade, maiores de 45 anos ou alumnos e alumnas en risco de exclusión social. Os participantes reciben formación multidisciplinar repartida en materias como limpeza de inmobles, alfabetización dixital ou xestión da identidade en liña. Ademais, o alumnado recibe sesións de coaching individual, ás que se suman a participación en obradoiros de asertividade laboral e intelixencia emocional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre