Inicio Galicia A Xunta traballa para restablecer a normalidade nos xulgados de Vigo tras...

A Xunta traballa para restablecer a normalidade nos xulgados de Vigo tras os incidentes desta noite

0

Unha persoa logrou acceder ás dependencias e ocasionou danos no mobiliario e equipamento

A Xunta está traballando para restablecer canto antes a normalidade nos xulgados de Vigo tras os incidentes desta noite, cando unha persoa logrou acceder ás dependencias e ocasionou danos no mobiliario e equipamento.

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e técnicos da Xunta desprazáronse a primeira hora ata a instalacións para avaliar os danos ocasionados. A partir de agora e durante toda a fin de semana, traballarase para repoñer o mobiliario e equipamento danado co obxectivo de que o luns se poida traballar con normalidade.

A Xunta está tamén en contacto cos xuíces e persoal dos xulgados para facilitar a coordinación e axilizar o máximo posible o restablecemento da normalidade.

A persoa que ocasionou os danos foi detida polas Forzas e Corpos de Seguridade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre