Inicio Galicia A Xunta traballa na creación dun novo modelo de residencias coa participación...

A Xunta traballa na creación dun novo modelo de residencias coa participación das autoridades sanitarias e do sector

0

Salienta que a nova proposta de centros residenciais e a creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria serán aspectos positivos para os centros, os seus usuarios e as entidades que os xestionan

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González, explicou hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia que o Executivo autonómico xa está a traballar no novo modelo de residencias, coa participación das autoridades sanitarias e do sector residencial. O obxectivo, indicou o responsable da área de Maiores, “é mellorar o funcionamento do sistema residencial galego”.

Na súa intervención, Fernando González asegurou que o avance no novo modelo de residencias e a creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria “terán un efecto moi positivo” para as persoas usuarias dos centros residenciais e as súas familias, así como para as entidades do sector. Neste sentido, apuntou que a creación da nova Dirección Xeral reforzará e intensificará a relación entre as Consellerías de Política Social e de Sanidade, ao tempo que dá resposta ás necesidades das entidades encargadas da súa xestión.

Outra das actuacións dirixidas a mellorar a atención asistencial dos maiores é a próxima construción de sete novos centros residenciais públicos, un en cada unha das grandes cidades de Galicia. O director de Maiores salientou, neste sentido, que con estas novas residencias se porán a disposición das persoas maiores en situación de dependencia 900 novas prazas públicas. Estas novas instalacións contarán cos últimos avances tecnolóxicos e con unidades psicoxeriátricas especializadas para o tratamento de residentes que padezan tanto alzhéimer como outros trastornos cognitivos.

Prevención fronte á covid-19Por outra banda, Fernando González defendeu a actuación da Xunta nas residencias fronte á covid-19, xa que todas elas dispoñen dun protocolo de actuación elaborado polo comité clínico que restrinxe a súa intervención unicamente aos casos nos que así o recomenda a autoridade sanitaria. Ao respecto, destacou que o 99% das residencias de Galicia non contan con ningún caso positivo nin de residentes nin de traballadores.

Tamén estimou convinte que o Goberno central faga públicos os datos da pandemia nas residencias, tanto a nivel nacional como en todas as Comunidades Autónomas, ao igual que fai diariamente a Administración autonómica.

Por último, o titular do departamento de Maiores e Persoas con Discapacidade detallou que o ano pasado inspeccionáronse 350 centros de atención a persoas maiores, e que se seguirá adiante con estas tarefas de control co fin de garantir a seguridade e a calidade asistencial ás persoas usuarias destes centros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre