Inicio Galicia A Xunta traballa na atención á infancia e adolescencia en situación de...

A Xunta traballa na atención á infancia e adolescencia en situación de desprotección da man da Fundación Juan Soñador

0

A Administración autonómica e a Fundación Juan Soñador manteñen un convenio para o desenvolvemento de programas de protección a nenos, nenas e adolescentes que supera os 94.000 euros en 2018, un 22% máis que o ano pasado

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, realizou esta tarde unha visita ás instalacións, usuarios e proxectos da Fundación Juan Soñador na Coruña. Alí, González destacou o labor da asociación en prol de facer realidade o dereito a ter unha vida máis digna ás persoas que máis o precisan.

A Administración autonómica e a Fundación Juan Soñador manteñen un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de protección a nenos, nenas e adolescentes que neste 2018 ascende a 94.047 euros, un 22% máis que no 2017, o que permite dotar de máis persoal tanto a oficina da entidade na Coruña como a de Lugo.

A entidade, en colaboración coa Consellería de Política Social, desenvolve dous proxectos de atención á infancia, adolescencia e familias en situación de risco e/ou exclusión social: o proxecto Espabila, goza do tempo libre e o proxecto socioeducativo Na rúa.

O primeiro, presta unha especial atención no tempo de lecer aos nenos e nenas que se atopan en situación de risco social e/ou desprotección en Galicia, ofrecéndolles a posibilidade de participar en diversas actividades que promovan o seu desenvolvemento persoal e social favorecendo o fomento de actitudes positivas a través da educación nun tempo libre creativo, cooperador e solidario. Cómpre destacar o incremento de beneficiarios deste proxecto, xa que no 2016 se atendeu a 189 menores en toda Galicia e no 2017, beneficiáronse 225. No caso de Coruña, o número de usuarios pasou de 27 en 2016 a 20 en 2017.

Pola súa banda, Na rúa, está dirixido a menores e familias inmersas en situacións de risco de exclusión social. Trátase dun programa de intervención con rapaces e rapazas que fan vida na rúa. Este programa, que se desenvolve nas cidades de Lugo, Coruña e Vigo, inclúe unha combinación de estratexias de intervención persoal e social, co obxectivo de dar respostas ás necesidades dos menores e das súas familias. O pasado ano, 81 nenos, nenas e adolescentes foron usuarios deste programa en Galicia, 17 máis que no 2016. Cómpre destacar que na cidade da Coruña atendéronse 14 nenos, nenas e adolescentes en 2017.

Así mesmo, Juan Soñador é a entidade coordinadora e responsable da acción social do programa CaixaProinfancia da Obra Social La Caixa, co que colabora a Xunta de Galicia, e que ten como obxectivo romper o círculo da pobreza que se transmite de pais a fillos e así ofrecer aos máis pequenos oportunidades de futuro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre