Esta medida revisarase cando finalice o proceso de vacinación nas residencias e se garanta a inmunidade dos usuarios e os traballadores
A Xunta decidiu suspender as saÃdas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade mentres dure a campaña de vacinación e ante o empeoramento da situación epidemiolóxica.
En canto ao réxime de visitas, estes centros atópanse en nivel de risco alto polo que poden recibir unha visita á semana por unha persoa de referencia durante unha hora. Trátase dun endurecemento das medidas de prevención que afecta a toda Galicia e que se revisará cando finalice o proceso de vacinación e se garanta a inmunidade dos traballadores e residentes.
Actualmente, os centros de atención á discapacidade de Galicia rexistran un total de 72 casos positivos entre os seus usuarios e 29 entre os seus traballadores.