Inicio Galicia A Xunta supervisa as obras de construción da senda na estrada PO-250...

A Xunta supervisa as obras de construción da senda na estrada PO-250 ao seu paso polo termo municipal de Redondela

0

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puxo en valor o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, un elemento patrimonial de interese


O delegado territorial da Xunta en Vigo desprazouse hoxe ata o concello de Redondela para comprobar o estado do proxecto de construción da senda peonil que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar na marxe dereita da estrada PO-250, concretamente no punto quilométrico 0+160, ao seu paso por este municipio. Unha actuación á que o Goberno galego, informou Ignacio López-Chaves, destina algo máis de 133.000.

O representante autonómico, quen estivo acompañado durante a visita polo alcalde redondelano, Javier Bas, o xefe territorial da devandita Consellería, José Luis Díez, e representantes da empresa que executa os traballos, destacou especialmente a posta en valor do cruceiro do Peto de Ánimas de Pasais.

En canto a intervención, detallou que as obras proxectadas permitirán completar un itinerario peonil continuo no tramo urbano de Redondela, que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte de San Xulián pola marxe dereita.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Para elo, dixo, construirase unha pequena pasarela metálica aparellada á ponte existente sobre o rego Alvedosa, á altura do punto quilométrico 0+160 da estrada, no núcleo urbano de Redondela. Esta infraestrutura levarase a cabo na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de dous metros, polo que permitirá a circulación de peóns e ciclistas en condicións seguras.

Ademais, prevese o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, situado ao carón da estrutura actual, mediante o recheo e pavimentación con lousa de granito do contorno. Desta forma conseguirase unha zona transitable ao redor deste elemento patrimonial de interese.

As obras previstas comprenden tamén a reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns, a drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga, a sinalización, balizamento e defensas e a reposición dos servizos afectados. Ademais da instalación de iluminación na senda peonil e no cruceiro.

López-Chaves non desaproveitou a oportunidade de destacar a aposta da Xunta pola mobilidade sostible e por contar cunhas estradas máis seguras e nas que convivan con garantías vehículos, peóns e ciclistas.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Lembrou que esta nova actuación da Xunta, cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, está incluída no Plan de Sendas de Galicia que, para na comarca de Vigo se traduce na execución de 9 proxectos, 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros. 


- Te recomendamos -