Inicio Galicia A Xunta supervisa as obras de acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre...

A Xunta supervisa as obras de acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550 ao seu paso polo termo de Mos

0

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a alcaldesa Nidia Arévalo achegáronse hoxe ata a zona para comprobar o avance dos traballos


O delgado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Mos para supervisar o avance dos traballos que a Consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), está a executar no nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550. Unha actuación financiada integramente polo Goberno galego, á que o Concello deu prioridade co obxectivo de reordenar os espazos para darlle unha maior protagonismo aos tráficos peonís.

Na visita, na que estivo acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e da empresa que está a executar as obras de acondicionamento desta contorna, o representante autonómico constatou que os traballos avanzan a bo ritmo e en cumprimento dos prazos. O prazo de execución é de 18 meses e estará finalizada no mes de marzo.

O obxectivo da urbanización deste vial de titularidade municipal no que a Administración autonómica inviste máis de 825.000 euros é incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galego, tal e como asegurou López-Chaves.

En canto a rede autonómica, a Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre