Inicio Galicia A Xunta supervisa a execución das obras de mellora da seguridade viaria...

A Xunta supervisa a execución das obras de mellora da seguridade viaria na PO-331 ao seu paso polo concello de Mos

0

Trátase dunha actuación complementaria á senda peonil e ciclista construída nesta estrada e que inclúe melloras da capa de rodadura e novas prazas de aparcadoiro O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao tenente de alcalde de Mos, Alberto Méndez, comprobaron hoxe o estado da intervención

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta mañá ata a PO-331 (Torneiros-Gondomar) para supervisar as obras de mellora da seguridade viaria que se están a executar ao seu paso polo Concello de Mos. Unha visita á que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Diez, e o tenente de alcalde de Mos, Alberto Méndez.

Segundo informaron sobre o terreo os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), trátase dunha actuación complementaria á senda peonil e ciclista rematada xa nesta estrada e que inclúe melloras na capa de rodadura no treito de Atín, comprendido entre os puntos quilométricos 1+890 e o 2+810, e a habilitación dunha zona de aparcadoiro.

O prazo de execución desta obra, cuxo contrato menor foi adxudicado a Copasa por máis de 26.000 euros, é de 1 mes. Unha intervención coa que non só se mellorarán as características superficiais incrementando a seguridade viaria da estrada, senón que reverterá a supresión das prazas de aparcadoiro que quedaron anuladas no proxecto da senda.

Leer más:  El incendio de A Fonsagrada (Lugo), que ha afectado a 65 hectáreas, ha sido controlado

Neste senso, López-Chaves puido comprobar como os operarios remataron xa a vertedura do microconglomerado no firme e confirmou que o seguinte paso será o repintado da estrada e a sinalización do aparcadoiro cun ancho suficiente.

O representante autonómico aproveitou a visita para pór en valor a senda peonil e ciclista que a Administración galega executou na PO-331, no lugar de Atín (Mos), que da continuidade ao itinerario peonil no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9.

Enmarcada no Plan de sendas de Galicia, cun orzamento de máis de 378.000 euros , esta senda conta con 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras–Tameiga.

Na comarca de Vigo hai proxectados 11 treitos, que foron definidos en 9 proxectos de construción. A Axencia Galega de Infraestruturas executará 12,5 quilómetros de novas sendas nesta bisbarra, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros, para o que conta co financiamento asegurado ao terse incluído no programa operativo de Galicia dos fondos europeos FEDER para o período 2014 -2020.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

O Plan de Sendas de Galicia conta neste 2018 con preto de 12 millóns de euros, o que permitirá rematar actuacións en execución ou xa licitadas e impulsar outras novas nas sete comarcas galegas nas que se está a desenvolver a 1ª e a 2ª fase desde plan.

Seguridade viaria, unha prioridadeO Goberno galego continúa traballando no seu firme compromiso coa seguridade viaria e avanzando un novo paso na consecución dos obxectivos marcados no Plan de seguridade viaria 2016-2020: a redución nun 50% das vítimas mortais nas estradas galegas con respecto ás do ano 2011. Así, cumpriríase coa resolución aprobada unanimemente polo Parlamento galego o 4 de outubro de 2017, no marco do debate do Estado de Autonomía.

Os Orzamentos da Xunta reflicten que a seguridade viaria é unha materia prioritaria para o Goberno galego, polo que se incrementan nun 34 % as partidas destinadas a este fin. Así, por exemplo, o Plan de Reforzos de Firme aumenta de modo moi importante a súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros. Se complementa ademáis coa conservación ordinaria da rede autonómica de estradas e co Plan de viabilidade invernal, aos que neste 2018 se destinan máis de 23 millóns. 

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

- Te recomendamos -