Inicio Galicia A Xunta subvenciona con máis de 65.000 euros a corenta e catro...

A Xunta subvenciona con máis de 65.000 euros a corenta e catro asociacións de mulleres da provincia de Ourense

0

Estas axudas da Secretaría Xeral da Igualdade están destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa xefatura territorial na provincia de Ourense, publicou no DOG a resolución de axudas a asociacións de mulleres por máis de 65.142 euros para o fomento ao asociacionismo e á participación das mulleres. Resultaron beneficiarias das mesmas un total de 44 entidades da provincia, que se corresponden con 38 asociacións rurais e 6 asociacións culturais e sociais.

Estas subvencións, concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de decembro de 2017 da Secretaría Xeral da Igualdade, teñen por obxectivo fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por seren un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, ademais de potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas.

Dúas liñas de actuaciónO importe total das axudas distribúese en dúas liñas de actuación. A primeira destinada á consolidación do movemento asociativo colaborando no mantemento e no funcionamento das entidades. Mentres, a segunda liña subvenciona a promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, relativas á sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Leer más:  El Ayuntamiento de Ferrol rectifica y publica nuevamente los pliegos de concursos en castellano y gallego

Así, na provincia ourensá son 9 as entidades que recibiron un total de 17.000 euros, ao abeiro da primeira das liñas destas axudas para compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións. Canto á segunda liña, un total de 35 asociacións de mulleres resultaron beneficiarias con máis de 48.000 euros. 


- Te recomendamos -