Inicio Galicia A Xunta subvenciona 29 proxectos de creación escénica con 800.000 euros, un...

A Xunta subvenciona 29 proxectos de creación escénica con 800.000 euros, un 23% máis que o ano pasado

0

A Consellería de Cultura e Turismo publica na web da Agadic a relación das compañías beneficiarias ao abeiro desta convocatoria, que introduciu nas súas bases importantes novidades consensuadas co sector

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020.- A Xunta cofinanciará con 800.000 euros 29 novos proxectos doutras tantas compañías galegas a través da adxudicación da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, publicada hoxe pola Consellería de Cultura e Turismo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O incremento dun 23% na súa dotación respecto a 2019 permitiu aumentar en seis o número de propostas beneficiarias, entre as que destaca así mesmo unha maior presenza das artes do movemento e das achegas multidisciplinares.

Ademais, este ano apóiase por vez primeira a través destas axudas proxectos de carácter plurianual co obxectivo de promover unha planificación a medio prazo por parte das compañías. As primeiras adxudicatarias desta nova modalidade para o período 2020-2022 son Talía Teatro, con 100.000 euros, e Chévere, con 94.516 euros.

A incorporación desta nova categoría, o maior esforzo orzamentario ou cambios puntuais nos baremos de valoración son algunhas das principais novidades introducidas nas bases desta ano, que foron consensuadas co sector a través de Escena Galega, principal asociación das empresas escénicas da nosa Comunidade.

Estes cambios sitúanse, ademais, na liña das modificacións introducidas o ano pasado e que se mantiveron na convocatoria de 2020, como é o caso da discriminación positiva para as propostas de danza e artes do movemento (modalidade 3), ás que se destina unha dotación específica de 100.000 euros. Seis son as propostas adxudicatarias a través deste apartado: Teatro Ensalle con El dispositivo (25.955 €), Paula Quintas con Nina-Ninette (23.774 €), Matarile Teatro con El diablo en la playa (17.848 €), Funboa Escénica con Technocracia (16.505 €), Cía. Kirenia Danza con Os coidados (12.340 €) e Javier Martín con Teorema (9061 €).

Teatro, novo circio e maxiaAos espectáculos de teatro, novo circo e maxia (modalidade 2) destínanse 430.000 euros, distribuídos entre 16 compañías: Sarabela Teatro con A lingua das bolboretas (51.0478 €), Voadora con Othello (50.059 €), Aporía Escénica con Soga e Cinsa (43.452 €), Pistacatro con Drop (40.398 €), Producións Teatrais Excéntricas con Strela do día (40.282 €), Redrum Teatro con Un home con lentes de pasta (35.128 €), Os Monicreques de Kukas con Don Gaiferos (26.031 €), Elefante Elegante con Cubo como título provisional (24.674 €), Baobab Teatro con Ás para Álex (23.286 €), Títeres Cachirulo con Campo de estrelas (17.260 €), Culturactiva con Conexión pingüín (15.216 €), ButacaZero con 32 metros cuadrados. Un espectáculo sobre el confinamiento (15.042 €), Larraitz Urruzola con Fábulas da montaña (14.352 €), Contraproducións con Mocos (13.999 €), Viravolta Títeres con Menú de refectorio (10.155 €) e Artesa Cía. con Illas desertas (9616 €).

Por último, a través do apartado para compañías de nova creación (modalidade 1), dotado con 70.000 €, apóianse as seguintes cinco formacións: Matías Daporta con Mocap-en beta (15.499,88 €), Colectivo Glovo con Em-na (14.515,67 €), A Feroz con Tr3s (14.143,41 €), Cía. Olivas Negras con 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva (14.086,96 €) e The Moving Compass con O varredor (11.754,08 €). 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre