Inicio Galicia A Xunta subliña que o téxtil galego é exemplo do que significa...

A Xunta subliña que o téxtil galego é exemplo do que significa a marca Galicia calidade pola súa excelencia e modernidade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Santiago nun encontro co Clúster Téxtil Moda de Galicia (Cointega), no que apuntou como reto que as empresas gañen tamaño apostando pola innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe, durante un encontro con representantes do Clúster Textil Moda de Galicia (Cointega), que as empresas do sector son os mellores embaixadores do que significa a marca Galicia Calidade, proxectando valores de excelencia e modernidade.

Na súa intervención, o conselleiro apuntou que os dez anos de traxectoria do clúster serviron para fortalecer a estratexia do sector, que factura máis de 23.000 millóns de euros ao ano e xera máis de 50.000 postos de traballo, reforzando as liñas directrices e apostando pola innovación e a cooperación. Tamén apuntou que o reto é que as empresas gañen tamaño, configurando un novo modelo de crecemento baseado na innovación.

Neste sentido, remarcou que desde a Xunta, a través da Axenda Industria 4.0, se fomenta a dixitalización para que as empresas medren no mercado global sen renunciar á súa diferenciación. Por iso, sinalou, o próximo ano investiranse 34 millóns de euros en potenciar a competitividade do sector industrial galego apostando pola maquinaria 4.0 e pola transformación dixital. Ademais, impulsarase un 31,5% máis o apoio ás exportacións, buscando a diversificación de mercados e a internacionalización dixital.

O conselleiro tamén fixo fincapé na aposta da Xunta pola formación e a cualificación dos máis novos para atraer novo talento. Destacou que a Administración autonómica cre na Galicia máis preparada, á que se destinan 50 millóns de euros a iniciativas como os programas duais de emprego, o Emprega Xuventude, Profesionais 4.0 ou o programa Talento 2021.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre