Inicio Galicia A Xunta subliña que a valentía, ilusión e esforzo dos emprendedores son...

A Xunta subliña que a valentía, ilusión e esforzo dos emprendedores son o mellor activo co que Galicia conta para gañar en competitividade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu ao VII Premio Xoven Empresario AJE Ourense

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu hoxe, durante a entrega dos VII Premios Xoven Empresario AJE Ourense, que a valentía, ilusión esforzo e traballo duro dos emprendedores son o mellor activo co que Galicia conta para ser cada vez máis competitiva e para construír, entre todas, un lugar mellor onde traballar, investir e vivir.

Conde puxo en valor o papel dos emprendedores como un dos motores económicos de Galicia e insistiu en que unha das prioridades da Xunta é ofrecer apoio integral ao emprendemento, xerador de riqueza e emprego para a Comunidade.

Así, acábase da abrir unha nova liña de apoios para a promoción do emprego autónomo que inclúe a contratación indefinida de persoas asalariadas e a consolidación de pemes de nova creación e de base tecnolóxica cun orzamento total de 14M€; tamén está aberto o prazo para o Galicia Inviste, que con nove millóns de euros busca apoiar 140 novas pemes. Por outra banda, o no programa Reforma TUR 2019 destina 3 millóns de euros este ano para axudar a 500 establecementos hoteleiros a realizar investimentos que melloren os seus servizos de cara ao Xacobeo 2021 e mobilizará 24M€ entre pemes e autónomos da construción.

O conselleiro explicou que a Administración autonómica non quere ser un obstáculo para o tecido empresarial e que a Lei de implantación empresarial naceu precisamente para ofrecer facilidades e unha maior simplificación administrativa. Neste sentido, destacou o papel dos Concellos Emprendedores: Ourense, con 55 municipios adheridos a esta iniciativa (o 60% de toda a provincia), é un exemplo para toda Galicia pola súa implicación á hora de ofrecer administracións máis accesibles e facilitadoras da actividade empresarial e industrial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre