Inicio Galicia A Xunta subliña o potencial exportador dos viños da Ribeira Sacra, que...

A Xunta subliña o potencial exportador dos viños da Ribeira Sacra, que ?levan a marca de Galicia Calidade por todo o mundo?

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na quinta edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra, onde subliñou o potencial exportador destes caldos, que “levan a marca de Galicia Calidade por todo o mundo”, conquistando mercados en países como Australia, Canadá, China, Francia, Xapón, Estados Unidos ou Suecia.

Un total de 57 adegas e 141 viños concorreron a esta cata, que promoven o Centro do Viño da Ribeira Sacra, o Consello Regulador e a Asociación Galega de Enólogos para recoñecer o traballo dos adegueiros da denominación de orixe. Balseiro felicitou aos organizadores pola iniciativa e aos adegueiros da Ribeira Sacra polos excelentes resultados deste ano, e sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a traballar para que o sector siga nesta senda de crecemento. “Este ano imos destinar un total de 5 millóns de euros en axudas ao sector do viño en Galicia, dirixidas á mellora de instalacións de elaboración e comercialización e ás medidas de promoción en terceiros países”, concluíu.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

- Te recomendamos -