Inicio Galicia A Xunta subliña o esforzo que realizan Vida Digna e a Asociación...

A Xunta subliña o esforzo que realizan Vida Digna e a Asociación Freijeiro de axuda ao necesitado para apoiar ás persoas en risco de vulnerabilidade

0


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou hoxe a importancia da coordinación entre as Administracións públicas e as entidades que traballan no eido social co obxectivo de prestar a axuda que necesitan as persoas que están en situación ou risco de vulnerabilidade. Así o constatou Arturo Parrado na visita que fixo á Asociación Vida Digna de Vigo e a Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN), que contan co apoio da Xunta de Galicia.

Arturo Parrado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os programas que desenvolven ambas entidades para prestar axuda a aquelas persoas de Vigo que o necesitan. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre