Inicio Galicia A Xunta subliña na Coruña a importancia de que os máis novos...

A Xunta subliña na Coruña a importancia de que os máis novos coñezan os valores do comercio de proximidade

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na entrega dos premios do certame de redacción ‘Os pequenos co pequeno comercio’

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na Coruña a importancia de que os máis novos coñezan os valores do comercio de proximidade, ao tempo que apuntou o importante labor que desenvolven neste ámbito as asociacións de comerciantes.

Vázquez Abeal participou na entrega de premios do certame de redacción Os pequenos co pequeno comercio, organizada pola Federación de Comercio da provincia da Coruña e que conta coa colaboración da Xunta. Nesta iniciativa participaron nenos e nenas de entre 10 e 12 anos de toda a provincia, e outorgáronse aos mellores traballos un total de 20 premios de entre 100 e 300 euros en tarxetas agasallo para ser utilizadas nos comercios de proximidade. Os gañadores son estudantes de colexios da Coruña, Santiago, Narón, Brión, Betanzos, Carballo, Val do Dubra e Boiro.

Os participantes reflectiron nos seus traballos os seus sentimentos, vivencias, recordos ou experiencias no pequeno comercio. Valoráronse aqueles traballos que destacan novas ideas ou imaxes de futuro pola súa orixinalidade na forma de presentar os valores tradicionais do comercio e novas ideas ou imaxes de futuro.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

O respaldo ao asociacionismo comercial, no que se enmarca o apoio a esta actuación, é unha das prioridades do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que busca modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua. 


- Te recomendamos -