Inicio Galicia A Xunta subliña en Pontevedra que apostar polo talento mozo é unha...

A Xunta subliña en Pontevedra que apostar polo talento mozo é unha oportunidade para impulsar iniciativas xeradoras de emprego

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro informativo cos socios de Aempe e AJE Pontevedra sobre as liñas que están abertas para autónomos e empresarios


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Pontevedra nun encontro con empresarios e emprendedores organizado por Aempe e AJE Pontevedra no que se informou dos diferentes programas de apoio que están nestes momentos abertos á presentación de solicitudes, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización.

Na súa intervención, Conde destacou que é indispensable apostar polo talento mozo para marcar a diferenza e que é necesario garantir o seu acceso ao tecido empresarial para complementalo e reforzalo. Neste sentido, destacou a capacidade dos mozos e mozas galegos emprendedores para impulsar novos proxectos xeradores de emprego que dean resposta aos retos actuais.

Neste sentido, a Xunta vén de poñer en marcha o programa Talento Novo, un paquete de medidas para menores de 30 anos coas que se pretende apoiar a 5500 mozos e mozas galegas no seu acceso ao mercado laboral, pero tamén na mellora da súa cualificación e aptitudes á hora de atopar emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre