Inicio Galicia A Xunta subliña a importancia de adaptar os requisitos de inserción laboral...

A Xunta subliña a importancia de adaptar os requisitos de inserción laboral para impulsar a recuperación económica

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego do centro Agarimo de Arteixo, dedicado á integración social e laboral de mozos en risco de exclusión social


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse esta mañá mediante videoconferencia con responsables do Programa Integrado de Emprego do centro Agarimo de Arteixo, dedicado á integración social e laboral de mozos en risco de exclusión social.

Durante o encontro, Casal subliñou a necesidade de flexibilizar os requisitos de inserción laboral para favorecer a reactivación económica, facilitando a incorporación dos participantes ás novas dinámicas de emprego poscovid-19. Do mesmo xeito, o director quixo manifestar o apoio da Xunta á conclusión práctica do curso, ampliando os prazos lectivos equivalentes ao periodo de suspensión motivado pola pandemia, e manifestando a vontade de deseñar unha planificación que permita o reinicio da actividade presencial do PIE.

O responsable de Orientación e Promoción Laboral destacou a importancia da educación e a formación para a mellora da empregabilidade, respondendo ás necesidades do tecido empresarial e ofrecendo unha maior competitividade.

O PIE Porta de Entrada III, desenvolto en convenio co centro Agarimo, conta coa participación de 100 usuarios menores de 30 anos, que reciben formación en materias como xardinería, carpintería, limpeza industrial, vendas e hostalería. A actividade inclúe o asesoramento individualizado para cada alumno e o seu acompañamento na procura de emprego, así como a formación en novas tecnoloxías e idiomas ou a oferta de talleres de motivación persoal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre