Inicio Galicia A Xunta subliña a importancia da escola infantil de Moraña como recurso...

A Xunta subliña a importancia da escola infantil de Moraña como recurso de atención á infancia e de conciliación

0


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá en Moraña a escola infantil pública de titularidade autonómica. Na visita estivo acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e da alcaldesa do municipio, María Luisa Piñeiro Arcos.

O centro conta con tres unidades e con 41 prazas. Actualmente dá servizo ás familias de 38 nenas e nenos de 0 a 3 anos, trala incorporación de dous menores máis neste mes de febreiro. O xerente do Consorcio destacou a calidade da atención que se presta nesta escola infantil, que ademais é un servizo fundamental para facilitar a conciliación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre