Inicio Galicia A Xunta subliña a aposta da empresa de Tordoia TMC Cancela polo...

A Xunta subliña a aposta da empresa de Tordoia TMC Cancela polo talento e a mellora continua como claves da súa competitividade

0

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, acompañada polo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións da compañía de maquinaria agrícola e forestal, que emprega a máis de 90 persoas e exporta a máis de 30 países


A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destacou hoxe na súa visita á empresa de Tordoia (A Coruña) TMC Cancela, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que a aposta polo talento e a mellora continua explican a alta competitividade desta compañía familiar que emprega a máis de 90 persoas e exporta a máis de 30 países.

TMC Cancela, dedicada ao deseño, fabricación e comercialización de maquinaria agrícola e forestal, é lider a nivel nacional en vendas e referente dentro do sector forestal e agrícola a nivel europeo. Patricia Argerey subliñou que a compañía soubo buscar a diferenciación dentro do sector a través da innovación, incorporando os principais avances técnicos aos seus procesos produtivos e incorporando o deseño na súa estratexia de empresa.

Leer más:  Juan Carlos I recibe la visita de la tripulación del 'Bribón' en la residencia de Pedro Campos

Neste último aspecto, apuntou que este compromiso vai na liña do recollido no programa Deseño para a Innovación 2020, co que a Xunta busca integrar dun xeito pioneiro o deseño nas políticas públicas de innovación coa convicción de que constitúe un factor clave na competitividade e na produtividade das empresas.

No percorrido polas instalacións de TMC Cancela, sinalou que a compañía incorpora dous novos titulados a través do programa Principia, co que a Consellería de Economía, Emprego e Industria promove a contratación de menores de 35 anos.

A Xunta vén de resolver a terceira convocatoria desta iniciativa, que permitirá a contratación de 110 mozos e mozas titulados en 59 entidades galegas. Trátase dunha iniciativa pioneira posta en marcha no ano 2016 para favorecer o mantemento do talento na Comunidade e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i.

Mediante estes contratos, que deberán ter unha duración mínima dun ano, o Goberno galego busca abrir unha porta ao mercado laboral a universitarios ou titulados de FPII con pouca experiencia, xa que o programa está focalizado nos mozos e mozas menores de 35 anos con menos de 36 meses empregados na súa categoría profesional.

Leer más:  Juan Carlos I recibe en su casa la visita de la tripulación del 'Bribón' liderada por Pedro Campos

Nesta terceira convocatoria -que conta cun investimento público de 1,1M€ que mobilizará 3,4- o 93% das entidades beneficiarias son empresas e o 90% dos contratos concedidos son indefinidos. Ademais, nove de cada dez dos traballadores recibirán máis de 60 horas de formación a cargo da empresa e o 36% dos técnicos seleccionados carece de experiencia laboral, o que confirma que este programa é unha boa ferramenta para impulsar a empregabilidade dos mozos e mozas titulados.

Consolídase así este programa pioneiro en Galicia que, desde a súa posta en marcha en 2016, e contando esta nova edición, concedeu axudas para a contratación de máis de 370 profesionais que se traduce nunha mobilización de 11,7 millóns de euros en 158 entidades. Unha iniciativa que trata, ademais, de incentivar a contratación feminina e fomentar as vocacións STEM entre as mulleres e que conseguiu que o 42% dos contratos foran femininos nas dúas primeiras edicións, alcanzando nesta última a práctica paridade laboral.


- Te recomendamos -