Inicio Galicia A Xunta somete a información publica unha senda peonil na estrada AC-424...

A Xunta somete a información publica unha senda peonil na estrada AC-424 ao seu paso polo Couto, no concello de Ponteceso, cun investimento de 270.000 euros

0

As persoas interesas poden presentar as súas achegas ao proxecto dende o vindeiro luns 17, e ata o día 31 de marzo


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o procedemento polo que se somete a información pública a execución dunha senda peonil na travesía da estrada AC-424 ao seu paso polo Couto, no Concello de Ponteceso, cun investimento duns 270.000 euros.

A Xunta abre desde o vindeiro luns 17, e ata o 31 de marzo, o prazo para que os interesados presenten as súas achegas. No seguinte enlace pode consultarse a información: http://bit.ly/2SM1pLR.

Trátase de construír un itinerario peonil por ambas as dúas marxes da travesía desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 1+090 e 1+543, incluíndo unha zona de aparcadoiro e o reforzo da sinalización existente.

No proxecto redactado polo departamento de Infraestruturas da Xunta tómase en conta o reducido espazo dispoñible entre edificacións neste tramo, para o que se propón o estreitamento da calzada existente. Deste modo, de xeito xeral, acádanse 1,5 metros de ancho de senda para paso das persoas.

Segundo recolle o proxecto a información pública, reservase tamén unha zona de aparcadoiro na marxe dereita, dende o punto quilométrico 1+300 ao 1+340.

Como obras complementarias, prevese a execución dun colector baixo as sendas para drenaxe da calzada e dous pequenos muretes de perpiaño entre os puntos quilométricos 1+345 e 1+381 na marxe dereita, e entre os puntos 1+329 e 1+376 na marxe esquerda. Tamén se instalan baixo a senda canalizacións para telecomunicacións e iluminación e realizarase unha renovación completa da rodadura da calzada.

Co remate das actuacións, a sinalización nesta travesía da AC-424 prevé a limitación de velocidade a 40 km/h debido ao estreitamento da calzada e co obxectivo de preservar e manter a seguridade viaria.

Ademais, proxéctase un reforzo da sinalización do tramo e na glorieta do punto quilométrico 1+550.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre