Inicio Galicia A Xunta somete a información pública os proxectos de mellora e integración...

A Xunta somete a información pública os proxectos de mellora e integración paisaxística dos camiños de Santiago no Monte do Gozo e en Conxo, que terá a súa pequena praza do Obradoiro

0

Ethel Vázquez explica que o investimento de 1,25 millóns de euros no Camiño Francés permitirá mellorar a accesibilidade e integración paisaxística na baixada do Monte do Gozo ata o paso sobre a AP-9, mudando un eucaliptal por unha plantación autóctona


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, situou hoxe no 1º semestre de 2019 o inicio dos traballos de mellora e integración paisaxística dos camiños Inglés, Francés e Portugués na súa entrada en Santiago, cun investimento superior aos 5 millóns de euros.

Coincidindo coa publicación hoxe da apertura do proceso de información pública dos proxectos do Camiño Francés, na súa baixada do monte do Gozo ata a AP-9, e o de mellora do Camiño Portugués en Conxo, Vázquez Mourelle quixo informar das actuacións previstas para “poñer en valor e crear e reforzar unha imaxe de identidade común” arredor dos camiños de Santiago na súa entrada a capital galega.

A conselleira, acompañada polo director da Axencia galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, detallou os traballos que, de xeito paralelo se están a desenvolver nos distintos ámbitos arredor dos camiños, coa vista posta en “lograr acadar a excelencia na experiencia do peregrino”.

Sinalou que hoxe mesmo se someten a información pública a través do Diario Oficial de Galicia os proxectos das actuacións previstas no Camiño Francés, no contorno do Monte do Gozo, e no Camiño Portugués, no barrio de Conxo.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Trátase, dixo a conselleira, dun importante fito administrativo na tramitación necesaria para os proxectos que requiren de expropiacións, dispoñendo os interesados dun prazo de 20 días hábiles, ata o vindeiro 17 de agosto, para trasladar as súas suxestións e achegas que serán debidamente analizadas e, no seu caso, encaixadas e incorporadas aos proxectos.

Ethel Vázquez indicou que, aínda que os proxectos non están pechados, xa se dispón do documento base no que se definen as principais melloras que se van a realizar na baixada do Monte do Gozo ata a AP-9, no Camiño Francés, e no Camiño Portugués, en Conxo. Intervencións, dixo, que atenden a criterios paisaxísticos, urbanísticos, patrimoniais e turísticos, contribuíndo á posta en valor das Rutas Xacobeas á súa entrada na cidade.

Todas estas actuacións, remarcou, buscan tamén mellorar os contornos urbanos e favorecer a mobilidade peonil, tanto dos peregrinos como dos propios veciños das zonas que atravesa o Camiño, diminuíndo a incidencia do tráfico rodado.

Segundo dixo, no treito do Camiño Francés que hoxe saíu a información pública, destinaranse arredor de 1,25 millóns de euros en actuacións específicas e concretas para incrementar a accesibilidade e favorecer a integración paisaxística, na baixada do Monte do Gozo ata o paso sobre a AP-9. E, ademais, inclúe melloras na zona de San Lázaro, Fontiñas e de Concheiros.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

No caso concreto do Camiño Portugués en Conxo, cun investimento do seu departamento de 2,1 millóns de euros, destacou que os traballos previstos levarán a cabo unha ambiciosa reordenación do itinerario da Ruta Xacobea ao seu paso polo núcleo de Conxo de Abaixo.

Neste senso, avanzou que se acometerá tamén unha actuación singular, para darlle unha dimensión máis humana ao espazo público existente fronte ao Mosteiro de Conxo, restrinxindo o tráfico de subida para residentes e transporte público. O obxectivo, seguiu explicando, e que a Praza do Mosteiro de Conxo estea mellor preparada para o desfrute de peregrinos e veciños e, definitiva, “dotar a este barrio compostelán dunha zona emblemática de acollida dos peregrinos, para que Conxo dispoña da súa pequena praza do Obradoiro”.

Así mesmo salientou que, atendendo ás necesidades e ás demandas veciñais de Conxo, o proxecto prevé a execución dun novo aparcadoiro, dunhas 75 prazas, na parcela propiedade do Sergas, ao carón co centro de saúde.

A titular do departamento de Infraestruturas tamén abundou nos traballos que xa se teñen avanzados no proxectos correspondentes ao Camiño Inglés, no treito desde o Polígono do Tambre ata o cemiterio de Boisaca, e que, segundo o previsto inicialmente, busca facer compatible a experiencia positiva do peregrino coa actividade empresarial que alí se desenvolve.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Cun investimento estimado de 1,6 millóns de euros, seguiu dicindo, esas actuación e melloras no Camiño Inglés estenderanse tamén ao treito comprendido entre Boisaca e o cruce de Meixonfrío, para acrecentar os valores visuais e paisaxísticos nesta zona, e incidir nunha boa percepción do Camiño por parte dos peregrinos.

Na súa intervención a conselleira tamén adiantou os avances no Camiño Inglés, indicando que se está a ultimar o convenio específico que fixa as obrigas de cada unha das administracións implicadas, co proxecto construtivo redactado e rematando. Isto, anunciou, permitirá licitar as primeiras obras, neste mes de agosto.

Ethel Vázquez tamén anunciou que no caso dos Camiños Francés e Portugués, coa saída hoxe a información pública avanzase para permitir iniciar a contratación das obras destes dous proxectos a finais de ano.

Pasos todos eles importantes, subliñou, para que no 1º semestre de 2019 estean xa iniciados os traballos de mellora e integración paisaxística dos camiños Inglés, Francés e Portugués á súa entrada en Santiago, e para que o conxunto das actuacións previstas, cun investimento da consellería superior aos 5 millóns de euros, estean a punto e culminadas para recibir aos milleiros de peregrinos que se acheguen a Compostela no Xacobeo 2021.

En definitiva, concluíu, estas intervencións estarán rematadas para chegar á cita histórica que supón o Xacobeo de 2021.


- Te recomendamos -