Inicio Galicia A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído da...

A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído da rede autonómica de estradas nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio do procedemento, que establece un prazo dun mes, desde mañá e ata o vindeiro día 26 de outubro, para que os interesados presenten as súas suxestións

A Xunta somete a información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da rede autonómica de estradas de Galicia nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio do procedemento, que establece un prazo dun mes, desde mañá e ata o vindeiro día 26 de novembro, para que os interesados presenten as súas suxestións. Nos seguintes enlaces ao DOG pode consultarse a información: https://xurl.es/8iyow e https://xurl.es/r0nr2 . A normativa europea obriga a unha constante revisión e actualización tanto da información como das medidas previstas. Neste contexto, nos últimos meses a Xunta estivo traballando na terceira fase de actualización dos mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixos viarios da rede autonómica de estradas de Galicia, que son aqueles polos que circula un tráfico superior a 3.000.000 vehículos/ano.

O obxectivo final é con esta información identificar as afeccións e impulsar actuacións nun Plan de Acción contra o Ruído encamiñadas ao calmado do tráfico -con solucións coma a limitación da velocidade, a instalación de sinalización ou semáforos e a reordenación da sección da estrada-, prevíndose tamén solucións coma a renovación do firme ou a instalación de barreiras acústicas en puntos determinados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre