Inicio Galicia A Xunta somete a información publica o proxecto de trazado para a...

A Xunta somete a información publica o proxecto de trazado para a mellora da estrada LU-651, entre Folgoso e Seoane do Courel, cun investimento de case 10 millóns de euros

0

Este proxecto ten como obxectivo acondicionar 14 quilómetros da estrada Quiroga- Seoane, compatibilizando a mellora da súa funcionalidade e seguridade viaria cos valores ambientais e paisaxísticos do seu percorrido

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o procedemento polo que se somete a información pública o proxecto de trazado para a mellora da estrada LU-651, entre Folgoso e Seoane do Courel, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios necesarios para executar estas obras.

O proxecto, cun orzamento estimado en case 10 millóns de euros, ten como obxectivo o acondicionamento desta estrada autonómica que comunica Quiroga- Seoane, nun tramo duns 14 quilómetros de lonxitude, comprendido entre os puntos quilométricos 21+600 e o 35+670.

Trátase dunha intervención na estrada, que compatibilice a mellora da súa funcionalidade e seguridade viaria cos valores ambientais e paisaxísticos do seu percorrido. Case o 80% do treito considerado son curvas, e a recta máis longa é de tan só 96 m de lonxitude.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/2PeNw8y Esta actuación contempla a ampliación da plataforma da estrada, permitindo en todo momento asegurar dous carrís de circulación de polo menos 3 metros de anchura, con beiravías, agás naqueles puntos onde exista cuneta de seguridade. Para isto, será necesario ampliar 11 pontóns, conservando os muros existentes para minimizar a afección desde o punto de vista ambiental.

Tamén se executarán cunetas de seguridade e se renovará a rede de drenaxe. Ademais construiranse 19 muros de contención, realizaranse traballos de sostemento de terras e rehabilitarase a capa de rodadura do treito obxecto das obras.

No marco deste proxecto, tamén se habilitará un aparcadoiro para autobuses no entorno de Seoane do Courel, adxacente á parcela na que se localizan actualmente os servizos de Protección Civil.

En paralelo ao período de información pública, desde o departamento de Infraestruturas da Xunta se traballará ademais para o peche da tramitación ambiental e coa redacción do proxecto de construción dunha primeira fase de execución das obras, que terá un custo estimado de 2,7 millóns de euros e que se prevé licitar no ano 2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre