Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de seguridade...

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de seguridade viaria da PO-308 entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio

0

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é complementaria á da senda proxectada no mesmo treito, entre os puntos quilométricos 3+500 e 5+150, e suporá un investimento de 625.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete á información pública o proxecto de mellora de seguridade viaria do treito da PO-308 entre Fontenla e Combarro, no concello de Poio, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Este proxecto é complementario ao da senda proxectada entre Fontenla e Combarro, entre os puntos quilométricos 3+500 e 5+150, seguíndose así un procedemento análogo ao utilizado no seu día para complementar con melloras de seguridade viaria á senda entre O Covelo e Raxó, a día de hoxe nun moi avanzado estado de execución. Pola súa parte, as melloras complementarias á senda entre Combarro, Chancelas e Samieira, nos puntos quilométricos 5+680 a 8+200, incorporaranse ao propio proxecto da senda.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información do proxecto que hoxe se somete a Información pública: http://bit.ly/36hoLOOO orzamento estimado desta nova intervención de mellora da seguridade viaria impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ascende a 625.000 euros.

Entre as principais actuacións propostas o proxecto prevé a mellora das interseccións no treito da PO-308 entre Fontenla e Combarro, reducir o número de xiros á esquerda entre os puntos quilométricos 4+700 e 5+600, e acadar unha diminución da velocidade nesa zona.

No caso concreto das actuación nas interseccións deste tramo da PO-308 se inclúen melloras na de acceso ao IES de Poio, e na existente no punto quilométrico 3+770, en ambas marxes da estrada. Tamén se prevé unha nova glorieta de acceso á zona da Seca, no punto quilométrico 3+930 e a disposición de paso de peóns na vía de acceso á mesma, así como a mellora da intersección no punto quilométrico 4+350 e nova glorieta no 5+020. Ademais propóñense novos pasos de peóns a ambos lados da glorieta, nos puntos quilométricos 4+970 e 5+080.

Esta nova configuración das interseccións e o calmado de tráfico permitirá introducir melloras adicionais que se reflexarán no proxecto da senda entre Fontenla e Combarro. Entre elas, a redución da expropiación necesaria para a execución da senda, un novo treito de senda na marxe dereita, entre a glorieta da VG-4.8 e o acceso ao IES de Poio. Tamén un novo itinerario na vía municipal de baixada á Seca dende a intersección do punto quilométrico 4+350 e o novo paso de peóns no 4+420.

Cómpre lembrar que o Goberno galego, sumadas as actuacións que se están levando a cabo e as previstas, mobilizará uns 6,5 millóns de euros para incrementar a seguridade viaria nesta vía autonómica ao seu paso polo municipio de Poio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre