Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dun itinerario...

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista entre Tallós e Muro Novo, no concello de Dodro, mediante un investimento de máis de 236.000 euros

0

Esta actuación supón a execución de sendas en tres ámbitos da marxe dereita da estrada AC-305, para unha lonxitude total de 1.647 m de nova senda

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista entre Tallós e Muro Novo, no Concello de Dodro, segundo vén de publicar hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Nesta nova senda, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé un investimento superior aos 236.000 euros, dos que máis de 8.000 se corresponden cos pagos das expropiacións dos terreo necesarios para esta intervención.

Esta nova actuación, que se realizará na súa totalidade no municipio de Dodro, supón a execución de sendas en tres ámbitos da marxe dereita da estrada AC-305, con actuacións nos treitos Pq. 2+453-2+573, Pq. 2+920-3+380, Pq. 3+390-3+630 e Pq. 5+155-5+875, para unha lonxitude total de 1.647 m de senda de nova construción.

En concreto, proxectase unha senda peonil de pavimento de formigón, con acabamento pulido, de 2 m de largo, situada a nivel da calzada e seguindo o seu trazado en planta e alzado. Só se interromperá nas interseccións. A ampliación do itinerario proxectado inclúe, ademais das actuacións de pavimentación, a execución do sistema de drenaxe de augas pluviais e a reposición daqueles servizos afectados pola execución das obras, así como a implantación dunha canalización apta para a iluminación pública.

Con esta nova intervención se persigue dotar ao municipio de Dodro dun novo itinerario peonil pola marxe dereita desta estrada AC-305, no treito Tallóns-Muro Novo, co obxectivo de dar continuidade aos tramos xa existentes nesta estrada, conseguindo así unha senda continua de mais de 3,5 quilómetros de lonxitude.

No seguinte enlace ao DOG https://bit.ly/2jleR8x pode consultarse as características das obra, así como a relación de bens, dereitos e propietarios afectados para a construción desta nova senda. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre