Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o proxecto da 1ª fase de...

A Xunta somete a información pública o proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi-Ponteceso, en Cabana de Bergantiños, na que investirá case 1 millón de euros

0

Vázquez Mourelle salienta que a intervención na AC-423, que conecta coa autovía da Costa da Morte, atende á demanda de conexión da poboación


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou nunha xuntanza o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, do inicio hoxe da información pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada AC-423, no treito ata Anllóns, que contará cun investimento autonómico de case 1 millón de euros.

Vázquez Mourelle salientou que a intervención nesta estrada, que conecta coa autovía da Costa da Morte, permite atender á demanda de conexión da poboación, e subliñou que a Xunta xa ten redactado o proxecto de mellora da mesma, no seu treito inicial, algo máis de 5 km, ata o cruce en Baneira.

Sinalou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto e a relación de bens e dereitos necesarios para a mellora desta infraestrutura, unhas 17 fincas. Os interesados poderán facer achegas desde este xoves e ata o 6 de febreiro, xa que se establece un período de 30 días hábiles.

Avanzou que logo da información pública se procederá á aprobación definitiva do proxecto para iniciar as expropiacións en 2020 e a continuación poder licitar as obras, que teñen un prazo de execución de 6 meses.

Nesta 1ª fase mellorarase o firme naqueles treitos que presentan deteriorados rectificaranse as curvas que teñan un radio reducido, nun treito de medio quilómetro; e executaranse 3 treitos de sendas peonís en distintos puntos para conectar coas xa existentes. Ademais instalarase unha nova marquesiña na parada de autobús.

A conselleira tamén abordou co rexedor outras infraestruturas executadas recentemente no concello como a senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que vai de Ponteceso a Laxe, entre os núcleos de Neaño e A Carballa.

Salientou que este itinerario sumado ao acondicionamento da estrada anteriormente descrito supón un investimento autonómico de 1,5 millóns de euros para reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade dos veciños de Cabana.

Esta senda une coas beirarrúas xa existentes, creando un itinerario de case 7 km que lle permite aos veciños desprazarse entre Ponteceso e Taboído en condicións de maior seguridade.

Cómpre lembrar que a actuación está enmarcada no Plan de Sendas na comarca de Bergantiños, co que se están a construír 11 quilómetros de itinerarios que suman un investimento duns 5 millóns de euros.

Ethel Vázquez precisou que este plan está xa moi avanzado na comarca, cun grado de execución que rolda o 75%. Concretou que 5 sendas están en servizo e noutras 2 que se está a avanzar, a de Laxe, xa adxudicada e que se iniciará á volta de Nadal, e a de Carballo-Coristanco, en cuxa preparación se está tamén traballando.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre