Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o anteproxecto do novo emisario submarino...

A Xunta somete a información pública o anteproxecto do novo emisario submarino da depuradora de Praceres, na ría de Pontevedra, cun orzamento de máis de 10,2 millóns de euros

0

A Xunta afonda deste xeito na aposta pola participación no deseño das actuacións para o saneamento da ría de Pontevedra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución polo que se somete a información pública o anteproxecto do novo emisario submarino da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Praceres, na ría de Pontevedra, cun orzamento de máis de 10,2 millóns de euros.

A Xunta afonda deste xeito na aposta pola participación no deseño das actuacións para o saneamento da ría de Pontevedra, e coa publicación hoxe no DOG se abre, a partir de mañá, o prazo de 20 días hábiles para consultar e presentar suxestión a este anteproxecto. No seguinte enlace pode consultarse a información: https://bit.ly/2O3LMA5.

O emisario submarino constitúe unha das actuacións necesarias para mellorar o sistema de saneamento dos Praceres e a calidade das augas residuais vertidas á ría de Pontevedra, o que suporá un beneficio para a actividade marisqueira. A súa función principal será o transporte das augas residuais tratadas na estación depuradora dos Praceres ata un punto de vertedura axeitada.

Leer más:  Detenido un hombre de 73 años responsable de un grupo dedicado al menudeo de heroína en la comarca de O Morrazo

A situación do punto de vertido do emisario foi coidadosamente elixida tras numerosos estudos (batimétricos, mareas, correntes mariñas, etc.) para atopar a posición que propicie a mellor difusión do vertido e a nula afección aos bancos marisqueiros da zona.

Este actuación consta de dúas partes, unha de carácter terrestre, a cámara de carga e a estación de bombeo a emisario; e o propio emisario submarino.

A cámara de carga para o novo emisario executarase na zona de recheo de Praceres, nas inmediacións do bombeo actual. Esta infraestrutura, que se construirá semienterrada en estrutura de formigón armado, dispón dunha cámara previa de reunión e reparto en onde se conectará o efluente da futura EDAR.

O bombeo equiparase con catro bombas somerxibles capaces de elevar conxuntamente un caudal de 2.000 l/s e a cámara de carga conectarase á EDAR actual mediante unha condución.

O emisario submarino contará cunha lonxitude total de 3.614 metros para verter a unha profundidade de – 22 m sobre o nivel do mar.

As obras proxectadas darán servizo a unha poboación aproximada de 141.204 habitantes para o ano horizonte 2042.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

O saneamento da Ría de Pontevedra é unha das principais prioridades da Xunta para os próximos anos en materia de actuacións hidráulicas. Así, o proxecto que hoxe comeza o proceso de información pública, está enmarcado nun máis amplo no que o Goberno galego inclúe actuacións tanto na rede dos distintos concellos das marxes, a ampliación e modernización da EDAR de Praceres ou a execución dunha nova en Poio.

Esta actuación hidráulica da Xunta está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.


- Te recomendamos -