Inicio Galicia A Xunta somete a información pública a segunda fase de humanización da...

A Xunta somete a información pública a segunda fase de humanización da estrada AC-550, na travesía de Outes, cun investimento de 1,1 millón de euros

0

Trátase da reurbanización do tramo da Avenida de Fisterra, que permitirá gañar espazo para o uso público e mellorar a seguridade viaria na vía autonómica

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o procedemento polo que se somete a información pública o proxecto de humanización da estrada AC-550, e que se corresponde coa segunda fase de reurbanización da travesía de Outes, así como a relación de expropiacións necesarias para a súa execución. Esta actuación supón un investimento autonómico de 1,1 millón de euros, no que se inclúe o pago das expropiacións.

O boletín autonómico recolle a información da intervención proxectada na estrada de titularidade autonómica, no tramo da Avenida de Fisterra, que ten por obxectivo gañar espazo público e mellorar a seguridade viaria. A Xunta abre desde mañá, e ata o vindeiro día 27 de marzo, o prazo para que os interesados presenten as súas achegas. No seguinte enlace pode consultarse a información: http://bit.ly/2ULPBw2 As actuación proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta na Avenida de Fisterra prevén a demolición do muro de pedra e a ampliación da calzada entre os puntos quilométricos 64 +810 e 64 +960 na marxe dereita. Nesta zona prevese a construción de tres muros de pedra, similares aos existentes, para a contención das terras. Apuntar aquí, que nos últimos anos foi necesario realizar varias intervencións de urxencia por derrubamentos, e esta actuación permite resolver estes problemas.

No proxecto se contempla a ampliación da plataforma pola marxe dereita, executándose unha beirarrúa que permitirá dunha forma segura a circulación peonil. Ademais de renovar o bordo e o pavimento de todas as beirarrúas, ampliándoas e acondicionándoas conforme á normativa de accesibilidade vixente.

Na actuación se incluirá a mellora do firme da calzada e tamén varias interseccións con rúas de titularidade local, o reforzo da iluminación dos pasos de peóns e colocación de nova iluminación pública, así como da sinalización horizontal e vertical para adaptala á nova configuración.

Cómpre lembrar que con este proxecto se da continuidade ás obras de reurbanización realizadas no 2017 pola Axencia Galega de Infraestruturas na travesía de Outes, cun investimento de máis de 670.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre