Inicio Galicia A Xunta somete a información pública a modificación no deseño da glorieta...

A Xunta somete a información pública a modificación no deseño da glorieta do acceso ao parque empresarial de Morás

0

O prazo para a presentación de alegacións á separata do proxecto abrirase mañá e ata o vindeiro día 16 de maio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o trámite polo que somete a información pública o proxecto de novo deseño da glorieta do acceso ao parque empresarial de Morás, en Arteixo.

O prazo para a presentación de alegacións ao modificado na separata deste proxecto abrirase mañá e ata o vindeiro día 16 de maio. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://bit.ly/2TOZdC9Esta variación no proxecto supón o cambio da tipoloxía do enlace, substituíndo o deseño tipo trompeta de catro ramais previsto inicialmente por unha solución con glorieta elevada sobre a estrada AC-551.

A parte do proxecto que se somete a información pública, ademais de non requirir de expropiacións adicionais, engade melloras ao trazado do novo acceso do parque empresarial, ao tempo que consegue minimizar as afeccións ao tráfico das obras.

Entre as vantaxes principais do cambio de deseño destaca a mellora do trazado, coa ampliación dos radios dos ramais e a redución das pendentes nalgún deles, o que permitirá un mellor axuste da solución á actual normativa, reducindo a ocupación en planta, con menores alturas de desmonte e un balance de terras máis compensado.

Ademais, a nova solución permitirá manter o tráfico polo actual trazado ou polo by-pass previsto mentres se constrúe o acceso ao parque de Morás, que quedará integrado no deseño do novo enlace. Deste modo se reducirán de xeito moi importante as afeccións ao tráfico da AC-551, que coa proposta inicialmente prevista obrigaría a cortar durante varios meses o vial de conexión entre a A-6 e a glorieta de Sabón, polo que circulan na actualidade mais de 15.500 vehículos/día .

Cómpre lembrar que a unión temporal de empresas López Cao y Oys Noroeste están xa traballando na execución do acceso ao parque empresarial desde o pasado día 6 de marzo. Esta actuación foi licitada por preto de 4,4 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre