Inicio Galicia A Xunta somete a exposición pública a modificación puntual do proxecto sectorial...

A Xunta somete a exposición pública a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Bértoa, en Carballo

0

A modificación afecta ás ordenanzas do parque e ten como obxectivo simplificar e flexibilizar as condicións de instalación de empresas no mesmo

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar hoxe o sometemento a exposición pública da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Bértoa, en Carballo. Durante o prazo dun mes estará sometida a información pública, co obxectivo de que os interesados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas, tal como recolle o anuncio que se pode consultar no seguinte enlace ao DOG: https://bit.ly/2N0Qtpv Esta modificación do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo trata de dar unha resposta máis áxil ás necesidades detectadas por Xestur como empresa promotora da actuación.

Con este fin inclúese unha serie de modificacións das ordenanzas do proxecto sectorial que simplifiquen a súa aplicación e modifícanse os criterios para a compatibilidade entre usos diferentes nunha mesma parcela, co obxectivo de flexibilizar a implantación de actividades no parque. Da mesma maneira mudan aspectos como a obriga de ter que redactar estudos de detalle en determinadas ordenanzas ou as condicións dos peches das parcelas.

Tamén se pretende facilitar as condicións para o desenvolvemento de proxectos naqueles aspectos que xa están regulados en leis e normas vixentes, e evitar así que se produza un dobre marco normativo que complique as tramitacións de proxectos no parque.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre