Inicio Galicia A Xunta somete a exposición pública a modificación puntual do proxecto sectorial...

A Xunta somete a exposición pública a modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras, en Lugo

0

O cambio permitirá adaptar as parcelas ás necesidades e á demanda actuais

A Xunta de Galicia modificará o proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo) para adaptalo ás necesidades e á demanda actual das empresas. Con ese fin, a modificación sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, segundo o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

A modificación puntual do proxecto sectorial regulará, fundamentalmente, os seguintes aspectos:• Cambios na distribución das parcelas en función da súa superficie, incrementándose as de menor dimensión, que son as máis demandadas• Previsión do uso de almacenaxe ao aire libre no interior das parcelas.• Regulación dos sinais publicitarios.• Axustar condicións de acercamento de naves.• Axustar o contido dos estudos de detalle que se requiren en determinadas parcelas.• Incrementar as alturas, do muro macizo e total, da norma reguladora dos cerramentos de parcelas.• Acomodar as ordenanzas de equipamentos e de zonas verdes ao establecido polo PXOM de Lugo.• Cambio de localización dun tanque de tormentas e regulación da implantación de casetas para seguridade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre