Inicio Galicia A Xunta somete a consulta pública a revisión dos mapas de risco...

A Xunta somete a consulta pública a revisión dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027

0
image_gallery.jpg

Establécese un período de tres meses, que comezarán a contar desde mañá, no que se poderá consultar os mapas a través do visor da web de Augas de Galicia e realizar as achegas correspondentes


Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o inicio do proceso de consulta pública para completar a revisión e actualización dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia Costa para o ciclo 2021-2027.

Durante os vindeiros tres meses, a contar desde mañá, poderanse consultar os mapas e realizar as achegas e suxestións correspondentes. Para isto, estará a disposición a páxina web da administración hidráulica da Xunta, https://augasdegalicia.xunta.gal/, que contén un visor para consultar os mapas, e tamén as oficinas do organismo.

Neste enlace ao DOG, pódese ampliar a información relativa ao anuncio publicado hoxe. Este procedemento enmárcase no proceso de revisión do actual do Plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia-Costa (PXRI) que está a levar a cabo Augas de Galicia e que servirá como base para a elaboración do Plan de xestión de risco de inundación 2021-2027.

Augas de Galicia desenvolveu no ano 2018 unha nova avaliación preliminar de riscos de inundación, ampliando as áreas de risco existentes, que pasaron das 168 áreas do Plan de Xestión de 2015/2021 ás 170 con risco potencial significativo de inundacións para este novo ciclo 2021/2027.

O organismo hidráulico da Xunta estableceu dúas fases para o desenvolvemento da consulta pública na revisión dos mapas de risco de inundacións, documentos base e primordiais para o desenvolvemento e posterior elaboración dos Plans de Xestións de riscos na demarcación Galicia-Costa.

Cómpre lembrar que a finais de marzo deste ano comezou a consulta pública da revisións dos mapas das novas áreas con risco potencial de inundación para 2021-2027, que veu prolongado o período de exposición pública pola suspensión dos prazos administrativos coa declaración do estado de alarma, estendéndose desde o 1 de xuño e ata o pasado 1 de setembro.

Nesta segunda fase, sométese a consulta as actualizacións e modificacións do resto dos mapas de perigosidade e riscos das ARPSIS que non saíron na primeira fase da consulta, así como das zonas de protección e fluxo preferente identificadas.

Na seguinte táboa amósanse as áreas que saen a consulta pública neste segunda fase:  NOME

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre