Inicio Galicia A Xunta solta 500 troitas na lagoa de Mina Mercedes no Concello...

A Xunta solta 500 troitas na lagoa de Mina Mercedes no Concello de Valga

0

Os exemplares contan cun tamaño medio, duns 20 centímetros, co obxectivo de relanzar a actividade neste couto.


A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, a través da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, levou a cabo hoxe a solta de 500 troitas adultas de dous anos procedentes da piscifactoría de Carballedo na lagoa de Mina Mercedes no concello de Valga.

Na solta estiveron presentes o alcalde da localidade, José María Bello Maneiro e varios axentes medioambientais.

Dende 2016, trala modificación deste couto, realizáronse nesta lagoa diferentes soltas ata o 2018. As troitas que hoxe se soltaron en Mina Mercedes teñen unha talla considerable, superior aos 20 centímetros, co obxecto de relanzar a actividade deste couto, que non se trata dunha masa de auga natural, senón que foi xerada tralo abandono da actividade mineira. Esta é a razón pola que necesita da solta de exemplares de troita común para poder manter a súa actividade como couto de pesca sen morte.

O couto de pesca denominado Lagoa Mina Mercedes V xérase mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se crea o couto de pesca Lagoa Mina Mercedes V no concello de Valga (DOG núm. 39, do 24 de febreiro).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre