Inicio Galicia A Xunta solicítalle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para...

A Xunta solicítalle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para finalizar a tramitación para a mellora da estación depuradora

0

O Goberno galego xa ten redactado o proxecto de mellora das liñas de tratamento da EDAR de Viveiro, pero precisa determinada información municipal para continuar avanzando nesta actuación

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, vén de solicitarlle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para finalizar a tramitación para a mellora da estación depuradora de augas residuais.

A Xunta ten redactado o proxecto de mellora das liñas de tratamento da EDAR de Viveiro, pero para avanzar no mesmo cómpre que o municipio lucense remita a información que Augas de Galicia vén de requirirlle.

O concello deberá enviarlle ao Goberno galego, entre outros documentos, un informe da situación económica e financeira ou unha certificación relativa á efectiva utilización e do bo estado de mantemento das obras executadas por Augas de Galicia no municipio.

A Xunta, de xeito paralelo a esta solicitude, continúa avanzando no impulso desta actuación, polo que xa solicitou os informes sectoriais relacionados coas obras, neste caso á Axencia Galega de Infraestruturas ou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

O Goberno galego, no marco deste proxecto hidráulico, ademais de ampliar a depuradora para que poida tratar os caudais da rede de Celeiro, inclúe actuacións para solucionar os problemas de funcionamento detectados na planta.

A nova configuración prevé para a liña de auga un caudal medio de 94,3 L/s e en relación á liña de lodos, se procederá á mellora e mantemento da infraestrutura existente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre