Inicio Galicia A Xunta solicítalle ao Concello de Pontevedra unha proposta de convenio para...

A Xunta solicítalle ao Concello de Pontevedra unha proposta de convenio para avanzar no cofinanciamento do transporte urbano da cidade

0

O Concello preparará un borrador no que deberá establecer a financiación da parte de transporte urbano prestado pola Xunta, para o que contará coa información das liñas que desenvolven integramente os seus servizos polo municipio

A Xunta de Galicia solicitoulle hoxe ao Concello de Pontevedra unha proposta de convenio para avanzar no cofinanciamento dos servizos autonómicos de transporte prestados dentro do municipio de Pontevedra, e así foi trasladado hoxe no marco da reunión técnica mantida en Santiago, entre a Dirección xeral de Mobilidade e representantes do Concello.

Trátase da primeira xuntanza de traballo para sentar as bases dunha colaboración pola cal as liñas interurbanas de transporte, de competencia autonómica, prestarán servizos dentro do termo municipal, que lle corresponden á Administración local segundo a Lei de bases de réxime local.

Deste xeito, e segundo o acordado na reunión de hoxe, o Concello preparará un borrador de convenio para asumir a financiación da parte de transporte urbano prestado pola Xunta, para o que a Dirección Xeral de Mobilidade facilitará ao mesmo toda a información dispoñible sobre as liñas de autobuses que desenvolven integramente os seus servizos polo municipio pontevedrés.

No encontro tamén se tratou a solicitude do Concello de Pontevedra de adaptación dos servizos de transporte interurbano nos seus percorridos urbanos pola cidade, amosando a Xunta a súa vontade de colaboración. Neste sentido, o departamento autonómico de Mobilidade lembrou que o proxecto actual se atopa en licitación, polo que unha vez adxudicado o novo contrato se axustará coa empresa adxudicataria o deseño dos servizos. En todo caso apuntouse que o aumento dos servizos que impliquen tamén incremento no seu custe deberán ser asumidos polo Concello.

Na reunión de hoxe, avanzáronse outros aspectos a desenvolver en posteriores xuntanzas, como as fórmulas de colaboración do Concello nas liñas interurbanas como, por exemplo, os Servizos de Interese Municipal. Este sistema implica que a Xunta asume o contrato do mesmo e o Concello financia o déficit de transporte que haxa dentro do seu municipio.

Xunta e Administración local volverán a reunirse no vindeiro mes de setembro, momento no que o Concello presentará a súa proposta de adaptación de liñas de autobús e unha proposta de convenio. Trátase de seguir traballando conxuntamente para que os pontevedreses conten co mellor transporte e que este tamén vertebre o concello de Pontevedra.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre