Inicio Galicia A Xunta solicítalle ao Concello de Lugo que adapte a mobilidade e...

A Xunta solicítalle ao Concello de Lugo que adapte a mobilidade e o transporte urbano aos novos servizos sociosanitarios que impulsa no barrio da Residencia

0

Vázquez Mourelle demándalle ao Concello de Lugo o acondicionamento das rúas adxacentes ao ámbito do futuro complexo, así como a resposta ás necesidades de transporte urbano que xurdirán cos novos equipamentos

A Xunta solicítalle ao Concello de Lugo a adaptación da mobilidade e o transporte urbano do barrio da Residencia aos novos servizos sociosanitarios que o Goberno galego está a impulsar nesta área.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, remitiulle hoxe unha misiva á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na que lle demandou a colaboración municipal co fin de avanzar neste proxecto estratéxico para a cidade.

Concretoulle a necesidade de que o Concello de Lugo acometa o acondicionamento das rúas adxacentes ao ámbito deste futuro complexo, así como a adaptación dos servizos de transporte para atender as novas necesidades de mobilidade urbana, que lle corresponde facilitar á Administración local.

O Goberno galego está a impulsar neste barrio da Residencia novos equipamentos que contribuirán á mellora da calidade de vida dos veciños, como o centro integral de saúde, que será o primeiro de Galicia. Esta actuación xa está adxudicada por case 12 millóns de euros e as obras comezarán en breve, rehabilitando o antigo Hospital Materno- Infantil.

Este proxecto tamén inclúe un centro de emprego, que se ubicará no antigo edificio da Escola de Enfermaría, xa licitado, cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros.

Tamén se executará un centro de emprendemento, que se situará nun novo edificio anexo ao CIS, e no que está a traballar a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Ademais a Consellería de Política Social tamén está a ultimar o proxecto para construír unha residencia da terceira idade, que se levantará sobre parte da parcela do antigo hospital xeral cuxa demolición xa se finalizou.

Ethel Vázquez remarcou que para acadar plenamente os obxectivos destes equipamentos e seguir facendo cidade en Lugo é imprescindible traballar nun marco de colaboración e lealdade institucional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre