Inicio Galicia A Xunta solicítalle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que destine fondos europeos para...

A Xunta solicítalle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que destine fondos europeos para cofinanciar as obras de saneamento de Salvaterra de Miño

0

As obras necesarias son unha nova depuradora do Mendo e para os colectores da parroquia de Santa María de Oleiros, situadas na conca hidrográfica do Miño-Sil


Mobilidade vén de solicitarlle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que destine fondos europeos consignados a Galicia para impulsar conxuntamente as infraestruturas de saneamento de Salvaterra de Miño, e en cuxa bacía se sitúan as actuacións proxectadas.

Vázquez Mourelle, tras manter esta semana unha reunión coa alcaldesa de Salvaterra, Marta Válcarcel, vén de trasladarlle ao presidente da CHMS a proposta de dirixir unha parte dos 56 millóns de euros dos fondos europeos destinados Galicia -e que van a ser inexecutables no período inicialmente previsto- ás obras proxectadas polo municipio pontevedrés nesta conca de competencia estatal. Trátase da execución da nova Estación Depuradora de Augas Residuais do Mendo, e os colectores de saneamento na parroquia de Santa María de Oleiros, para os que a Xunta ofrece a CHMS a súa cofinanciación e a colaboración co Concello de Salvaterra de Miño.

Co obxectivo de avanzar na colaboración co organismo hidráulico estatal cara a materializar estas actuacións, cuxas obras precisan dun orzamento próximo aos 2,4 millóns de euros, a conselleira remitiu tamén ao organismo hidráulico estatal os correspondentes documentos técnicos proxectados polo Concello e supervisados por Augas de Galicia.

Ethel Vázquez sinalou a súa confianza en que a CHMS actúe con celeridade e dilixencia na execución deste fondos europeos, xa que o período operativo ten unha data límite e non se pode permitir que estes fondos se poidan perder, xa que teñen que quedarse e investirse en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre