Inicio Galicia A Xunta solicita ao Goberno máis Equipos de Protección Individual para os...

A Xunta solicita ao Goberno máis Equipos de Protección Individual para os servizos de emerxencia e protección civil

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha videoconferencia co ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; os conselleiros da área do resto de comunidades autónomas; e os delegados de Goberno


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao Goberno central máis Equipos de Protección Individual (EPIs) para dotar aos servizos de emerxencia e ás agrupacións de Protección Civil e que poidan así realizar o seu traballo con todas as garantías ante a epidemia do coronavirus.

Así llo trasladou hoxe ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con quen mantivo unha videoconferencia esta tarde, xunto con conselleiros do resto de comunidades autónomas e delegados de Goberno.

No encontro, tamén solicitou outras aclaracións importantes, como o do peche da fronteira con Portugal, moi relevante para Galicia pola gran actividade que se desenvolve ao redor da raia. Ao respecto, o Goberno central precisou que a fronteira se manterá aberta para desprazamentos de traballo ou por causa de forza maior, pero non se poderá cruzar para outro tipo de viaxes.

O vicepresidente aproveitou a reunión para trasladar a postura de Galicia sobre a necesidade de manter abertos os talleres mecánicos, que realizan un labor fundamental para manter operativos outros servizos básicos, como os de emerxencia, transporte ou urxencia sanitaria.

Ademais da reunión co Ministerio do Interior, o vicepresidente da Xunta mantivo tamén esta mañá un encontro telemático co ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, e cos responsables de xustiza das distintas comunidades autónomas co obxectivo de coordinar medidas ante a epidemia do coronavirus e a súa afectación na Administración de Xustiza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre