Inicio Galicia A Xunta solicita a licenza para a construción da nova residencia de...

A Xunta solicita a licenza para a construción da nova residencia de maiores de Lugo que contará con 120 prazas

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias Fouz, mantivo un encontro coa asociación de veciños deste barrio para trasladarlle as características dun proxecto que fará posible que Lugo conte con máis de 600 prazas públicas de maiores


A Consellería de Política Social vén de solicitar a licenza municipal para a construción da nova residencia de maiores de Lugo, que contará con 120 prazas públicas e xerará 115 postos de traballo. Cando este novo centro entre en funcionamento a cidade superará as 600 prazas públicas para maiores.

Así o avanzou esta tarde o delegado territorial da Xunta, Javier Arias Fouz, durante o encontro que mantivo coa presidenta da asociación de veciños do barrio da Residencia, Cecilia Vázquez, zona no que se emprazará o futuro centro.

O delegado salientou que a nova residencia “será das mellores de Europa”, xa que contará “co equipamento máis vangardista e con servizos innovadores como as unidades psicoxeriátricas, especializadas na abordaxe do Alzhéimer e outras demencias”As novas instalacións son froito do convenio subscrito pola Xunta de Galicia coa Fundación Amancio Ortega, polo que se investirán 12 millóns de euros, sen coste ningún para as arcas públicas. Con todo, o futuro centro, formará parte da rede autonómica de residencias e, polo tanto, a Xunta asume a dotación de persoal e os gastos de mantemento.

Novo barrio da residenciaCómpre lembrar que a residencia de maiores forma parte do ambicioso proxecto urbanístico e de servizos que o Goberno galego impulsa no Novo Barrio da Residencia e que inclúe outras novas infraestruturas: o centro integral de saúde, unha oficina de emprego e formación, un centro de emprendemento, (todas en execución) e unha central de biomasa común ao resto das instalacións.

CaracterísticasO novo edificio estará emprazado na parcela que ocupaba o antigo Hospital Xeral, derruído con este fin. Contará con baixo e tres andares. No espazo inferior están emprazados os servizos comúns para os usuarios (comedor, salas de convivencia, salas de terapia) e o resto de alturas son de uso habitacional. O proxecto escollido inclúe grandes lucernarios interiores e fiestras de gran tamaño que reforzan a iluminación natural de todos os espazos.

Ademais está proxectada unha ampla zona verde, destinada a xardín, que permitirá o esparcemento exterior dos usuarios. Neste senso, o xardín rodeará o edificio da futura residencia para que poida contar con horas de sol todo e tamén o seu uso nos meses máis fríos.

Esta residencia está proxectada para garantir en todo momento unha mellor accesibilidade e ofrecer máis calidade de vida aos usuarios e traballadores converténdose nun centro punteiro e de referencia non só a nivel nacional, senón tamén europeo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre