Inicio Galicia A Xunta sobe un 18% as horas á disposición do concello do...

A Xunta sobe un 18% as horas á disposición do concello do Carballiño para atender a persoas dependentes nos seus fogares

0

Destacou a aposta do Goberno galego por achegar os coidados aos fogares co fin de atender a demanda maioritaria dos galegos e galegas de máis idade


Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou hoxe nunha entrevista co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, o compromiso da Xunta de atender á preferencia que teñen as persoas maiores de envellecer na súa contorna. Ao respecto, indicou que o Goberno galego incrementou este ano un 18% o número de horas de atención no fogar postas á disposición deste concello ourensán, ata acadar as 42.400 anuais para así achegar os coidados a un maior número de vivendas con persoas en situación de dependencia.

Neste sentido, Fabiola García explicou que a Xunta segue no Carballiño a mesma liña de traballo que no resto de municipios da comunidade e hoxe o número de persoas beneficiarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) son xa máis de 23.000, unha cifra que multiplica por oito as que había hai nove anos. O conxunto de prestacións do sistema galego de dependencia suman a día de hoxe as 59.403 persoas atendidas, polo que se adiantará a este ano o obxectivo inicialmente marcado para toda a lexislatura de chegar aos 60.000 dependentes con servizo.

Leer más:  (AMPL.) Ayudas para mascotas y unidades de reproducción asistida: Rueda avanza en sus promesas electorales

Fabiola García e o primeiro edil do Carballiño acordaron continuar coas liñas de colaboración abertas na procura de que os veciños e veciñas desta localidade teñan uns recursos e servizos sociais próximos e de calidade tanto no eido da atención ás persoas maiores como nos centrados nas familias e no apoio ás persoas en risco de exclusión. 


- Te recomendamos -