Inicio Galicia A Xunta sitúa a mellora na empregabilidade para as persoas con discapacidade...

A Xunta sitúa a mellora na empregabilidade para as persoas con discapacidade nunha aposta decidida pola formación

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, dedicada a incentivar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia cos responsables do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Fademga Plena Inclusión Galicia, unha asociación que integra 40 entidades dedicadas a incentivar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional.

Durante o encontro, Casal situou a mellora da empregabilidade para as persoas con discapacidade nunha aposta decidida e especializada pola formación, ofrecendo modelos educativos que encamiñen á ocupación adaptando ditos programas ás distintas necesidades do tecido empresarial. O director agradeceu a colaboración entre os distintos organismos á hora de definir materias que se adecúen ao actual escenario laboral poscovid-19.

Neste senso, o responsable de Orientación e Promoción Laboral asegurou que a vontade da Administración autonómica é a finalización presencial do programa, que se adaptou a un formato en liña por mor do estado de alarma. Casal puxo de manifesto que o obxectivo é a reactivación física do curso lectivo a partir do vindeiro 1 de xullo, axustando xa as sesións aos distintos protocolos sanitarios que garantan a seguridade do alumnado.

O PIE de Fademga Plena Inclusión Galicia conta coa participación de 100 persoas con discapacidade intelectual e en situación de desemprego. Os alumnos e alumnas reciben formación orientada a mellorar a súa inserción laboral, así como servizos de acompañamento e coaching emocional para os participantes que o requerisen. O programa inclúe así mesmo a posibilidade de realizar prácticas en empresas asociadas.

Aposta polas novas tecnoloxíasCasal mantivo así mesmo un encontro telemático con membros do taller dixital RumboDixital, no que se fomentan as competencias dixitais para desenvolvemento dun entorno laboral enfocado ao actual horizonte económico.

A este respecto, o director chamou a reforzar a formación en novas tecnoloxías para dinamizar o tecido empresarial e reforzar as estratexias de empregabilidade dixital, de xeito que se responda con eficacia aos desafíos marcados polas novos entornos profesionais e se fomente a transformación dixital dos axentes produtivos cunha folla de ruta adecuada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre