Inicio Galicia A Xunta sinala que os proxectos seleccionados nos premios de AJE Galicia...

A Xunta sinala que os proxectos seleccionados nos premios de AJE Galicia contribúen a reforzar a marca Galicia Calidade

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na Coruña na entrega dos XI Premios Xove Empresario e Iniciativa emprendedora de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na entrega dos IX Premios Xove empresario e Iniciativa emprendedora de Galicia, organizados por AJE Galicia e AJE A Coruña, que os finalistas e gañadores neste certame contribúen a reforzar cos seus proxectos a marca Galicia Calidade.

Así, na súa intervención, o conselleiro lembrou que estas iniciativas son elixidas polo seu grao de innovación, por acadar unha maior proxección nacional e internacional, por promover a creación de postos de traballo, ou porque apostan polas boas prácticas empresariais e que se trata, polo tanto, de proxectos cos que sentirse orgullosos de Galicia.

Conde apuntou que o labor da Administración é estar á altura dos emprendedores e facilitar as súas iniciativas, sinalando que na xuventude, o talento e o emprendemento está o futuro dunha Galicia máis innovadora, máis preparada e polo tanto máis competitiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre