Inicio Galicia A Xunta sinala que os hubs de innovación serán claves para a...

A Xunta sinala que os hubs de innovación serán claves para a industria galega ante os retos da súa dixitalización

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nunha xornada na que se presentaron as iniciativas lideradas por Bioga e Ceaga, que agrupan máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación dos dous hubs de innovación dixital de Galicia que as iniciativas lideradas polo Clúster tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e o Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) serán clave para a industria galega ante os retos da transformación dixital, creando un ecosistema de traballo conxunto entre o tecido industrial, o coñecemento e a Administración.

Segundo sinalou Conde, os hubs, que suman as capacidades de máis de 4.200 empresas e entidades que empregan a 120.000 persoas, funcionarán como unha xanela única achegando ás pemes as solucións tecnolóxicas que precisan.

No encontro, que contou coa participación de representantes da Comisión Europea e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Conde fixo fincapé en que os hubs galegos de innovación dixital están aliñados coa Iniciativa comunitaria para a dixitalización da industria europea, e integrada na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, e permitirá posicionar a Galicia no mercado a través da diferenciación.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén sinalou que os dous hubs son tamén un exemplo de como, a través da colaboración público-privada, pode avanzar e dar as respostas que necesita o tecido produtivo, compartindo capacidades e xuntando esforzos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre